LUNS 18

LINGUA GALEGA

LETRAS GALEGAS


"As pitas baixo a choiva" é un conto de Ricardo Carvalho Calero que narra unha anecdóta da súa infancia. 

No primeiro vídeo tedes a historia completa, tal como a escribiu o autor.
No segundo vídeo tedes unha adaptación, cun vocabulario máis sinxelo.

Escoitade unha das dúas narracións. Tedes que ter ao voso lado a libreta e debedes ir anotando algunhas das palabras que escoitedes, pois imos necesitalas cando rematedes.





E agora teredes que crear unha NUBE DE PALABRAS.

Podedes usar  WORDART ou calquera outro xenerador de nubes que coñezades.


Se elixides "wordart" tedes que facer o seguinte:

-Abrir a páxina.
-Premer en "crear agora".

-Escribir a lista de palabras. Pode ser tan longa coma queirades. Incluíde ademais de palabras do conto, o nome do autor e Letras Galegas 2020.
  • A lista está arriba á esquerda.
  • Eliminades as que hai e poñedes as vosas.
  • Dades a "enter" cada vez que necesitedes unha fileira nova.
  • Abaixo á esquerda, podedes elexir a forma, o tipo de letra, a orientación das palabras e as cores.

-Dades a visualizar e, se vos gusta, en "DOWNLOAD", buscades Standard JPEG, e así xa a tedes descargada, para poder enviárnola.

Utilizando a mesma lista de palabras (ou engadindo ou quitando palabras) e simplemente cambiando formas ou cores, podedes crear novas nubes. 

Mandade todas as que queirades, pero recordade que tedes que escribir sempre en galego.

Exemplos:





CIENCIAS NATURAIS

CONSECUENCIAS DO USO DA ENERXÍA


Unha das principais consecuencias da produción e do elevado consumo de enerxía é a contaminación do medio ambiente.



Outra consecuencia é o quecemento global.



-Lede as páxinas 114 e 115 do libro.

-Demostrade o voso talento (Actividade A páxina 121): Preparade un cartel publicitario dunha campaña para promover o uso das enerxías renovables. 

Recordade que para facer un bo cartel.....

-Debe haber pouco texto, pero ten que ser claro.
-Debe haber polo menos unha imaxe ( poden ser debuxos ou fotos) que chame a atención.
-Debe ter a información necesaria para que nos enteremos da mensaxe que se quere transmitir.
-As letras deben suficientemente grandes para ser lexibles a unha certa distancia. 

Mandádenos os vosos carteis.