XOVES 14

LINGUA GALEGA

LETRAS GALEGAS

O día 17  de maio é o "Día das Letras Galegas", pero este ano retrasarase a causa da situación que estamos vivindo.
Pero se estivesemos no colexio estaríamos realizando unha morea de actividades relacionadas con esta data. Así que imos  facer algunha na casa que nos axude a coñecer ao autor deste ano, Ricardo Carvalho Calero.


Propoñémosvos estes xogos.

No primeiro teredes que resolver varios retos para conseguir un código segredo que deberedes de ir anotando nun papel para poder utilizalo ao final. É moi sinxelo.

(Antes de empezar, calcade nos tres puntiños brancos, abaixo á dereita, e logo, nas frechas. 
Así poderedes ver o xogo en pantalla completa. Premede enriba do autofalante e logo na frecha verde...)


No segundo hai que buscar unhas chaves que irán abrindo portas onde haberá que superar diversas probas.
Conseguiredes o código segredo? 
Animádevos a intentalo. Vai ser divertido.


-Agora premede para ver un anaco dunha LECTURA que podedes descargar ou copiar. 
-Tedes que contestar as preguntas. Despois podedes escoller unha das outras fichas e resolvela. 



CIENCIAS NATURAIS

A PRODUCIÓN DE ENERXÍA


Con este vídeo aprenderedes máis cousas sobre a enerxía.




Para poñer a proba os vosos coñecementos...
(Tedes que ter Adobe Flash Player activado)



-Lectura das páxinas 112 e 113 do libro.

-Actividades 3 e 4 da páxina 120.

-Intentade fabricar algo que funcione con algunha das enerxías renovables.

(Por exemplo, un quentadedos, un muíño de vento, etc)