COIDAMOS A NOSA SAÚDE

Debemos coñecer e poñer en práctica os hábitos que nos axudan a coidar a nosa saúde, en relación coa hixiene, co descanso, coa postura, co exercicio físico e co tempo libre.

Ás veces temos costumes que son difíciles de cambiar. Se sabemos o que é mellor para nós, iso pode axudarnos a facer cambios e a nosa saúde sairá beneficiada. Para que se convirta nun hábito saudable, é importante facelo de forma continuada.



Neste cómic da Fundación Kovacs tedes consellos para ter unha espalda forte e sa. E tamén hai debuxos para colorear. Podedes descargalo premendo enriba da imaxe.



Coñecer as características dunha dieta saudable, axudaranos a adoptar hábitos para unha alimentación saudable. Recordade que a dieta debe de ser adecuada a cada persoa. Non todos necesitamos o mesmo.

É moi importante a hixiene ao preparar ou manipular alimentos. Se as nosas mans, os utensilios ou os propios alimentos non están limpos, poden causarnos problemas de saúde.