Este é o salto desde a estratosfera realizado polo deportista extremo Félix Baumgartner (Austria) no ano 2.012.
Un globo moi fino transportouno nunha cápsula e tardou dúas horas e media en subir ata uns 39.000 metros de altura.
Baixou a máis de 1.000 Km/h antes de abrir o paracaídas. Foi o primeiro humano en romper a barreira do son en caída libre.
Joe Kittinger (EEUU) foi o primeiro en saltar 52 anos antes, e estivo asesorando a Félix.
En 2014, Alan Eustace (EE.UU.) saltou desde 41.422 metros e conseguiu un novo récord de salto en caída libre.