A LETRA V

As letras V e B non as podemos distinguir polo seu son e isto da lugar a moitos erros ortográficos cando estamos escribindo.

Na clase os nenos e nenas inventan adiviñas que recompilamos para facer libros que logo forman parte da nosa biblioteca de aula.

Neste caso mostrámosvos o libro da V. Para facelo tiveron que redactar definicións (con ou sen axuda do dicionario) sobre palabras que levasen a grafía V no seu nome. 

Desta maneira intentamos consolidar a aprendizaxe do vocabulario básico dunha forma motivadora e visualmente atractiva.

Desde que está rematado é un dos máis buscados na hora de ler.