A letra H tampouco a podemos distinguir polo seu son e isto unha vez máis da lugar a erros ortográficos cando estamos escribindo.
Na
clase os nenos e nenas seguen inventando adiviñas que recompilamos para facer novos
libros que completan a nosa biblioteca de aula.
Hoxe
mostrámosvos o libro da H. Para facelo seguen redactando definicións (con ou
sen axuda do dicionario) sobre palabras que leven a mencionada grafía no seu
nome.
Coma outras veces, desde
que está rematado o libro, é un dos preferidos na hora de ler.