Hoxe tivemos tres novos exemplos do uso dunha das máquinas simples: a polea.
Tamén comprobamos coma funcionaban diversos operadores mecánicos (eixes, rodas...), que son os encargados de transmitir o movemento dos motores a outras partes da máquina.
Por suposto, todos e todas observan con curiosidade e experimentan.