RUTA ERASMUS+ EN PATINETE

A actividade física é fundamental para ter unha vida saudable. Este curso o equipo Erasmus+ preparou para o alumnado de cuarto unha ruta en patinete, con tres paradas para realizar obradoiros relacionados co noso proxecto.

Antes de saír do colexio, un membro da policía municipal explicou aos nenos e nenas as normas que teñen que cumprir cando usan o patinete ou a bicicleta na rúa.


En marcha!


O primeiro obradoiro foi sobre ecoloxía e as protagonistas foron as plantas, da man dun grupo de biólogos que explicaron cousas moi interesantes sobre o mundo vexetal e prepararon actividades para que os nenos e nenas souberan recoñecer o que tiñan ao seu carón.



O segundo obradoiro foi sobre alimentación saudable e as nenas e os nenos tiveron que preparar brochetas de froitas con amorodos, plátanos e uvas, que resultaron moi nutritivas e refrescantes, e paliaron a calor e o esforzo realizado na ruta.


O último obradoiro foi unha clase de ioga na que se divertiron facendo diferentes posturas (gato, can, árbore, montaña, guerreiro...), fixeron unha viaxe imaxinaria buscando calma e relaxáronse desfrutando do aroma de aceites esenciais.


E todo á beira do río Miño!

Non podíamos ter unha paisaxe mellor ao noso lado!