A auga pode existir de tres maneiras diferentes.
Na clase estivemos observando os tres estados : sólido (cubiños de xeo), líquido (botella de auga) e gasoso (vapor que saía dun termo).
De paso comprobamos que a auga cambia de estado cando cambia a temperatura.
Fusión: os cubiños de xeo, ao estar a temperatura ambiente, quéntanse e pasan a estado líquido.
Evaporación: a auga do termo está moi quente e convértese en vapor.
Condensación: se tocamos a botella que ten a auga moi fría, notamos que a man se molla porque o vapor que está en contacto con ela se enfría, e pasa a estado líquido.
Solidificación: se volvemos a meter a auga no conxelador, pasa do estado líquido ao sólido.