DÍA DA MULLER

As nenas e os nenos da clase buscaron nos periódicos noticias onde a protagonista fose unha muller, de forma positiva. 

Non son demasiadas. Non hai moitas noticias positivas, nin tampouco hai moitas noticias protagonizadas por mulleres.

Pero, buscando con atención, foron aparecendo. No deporte, na cultura, na ciencia.... en tódolos ámbitos da vida.

Cada vez hai máis recoñecemento público, pero aínda queda moito camiño por andar para acadar a igualdade real.