O día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.
#UnaSolaTierra é a campaña das Nacións Unidas neste ano 2.022 para concienciarnos unha vez máis de que temos que facer cambios profundos na nosa maneira de vivir.
Nos próximos 10 anos, unha de cada catro especies coñecidas podería extinguirse. A contaminación segue envelenando o aire, a terra e as augas...
A Terra mándanos mensaxes para que a coidemos. Temos que escoitalos. Os alimentos que tomamos, a auga que bebemos, o aire que respiramos, todo iso nolo regala a natureza.. Todos e todas debemos traballar para ter un planeta màis limpo, máis sostible, máis ecolóxico...