GALA DOS PREMIOS LÚA

A semana pasada foi a gala dos Premios Lúa de Cine. Todas as clases se puxeron "guapas" para asistir a un evento tan especial.


Tiñamos que levar unha entrada coma esta.



A película de cuarto "El desván de Laura" acadou o premio LÚA DE MEDO. Julica, Paula e Youssef foron os encargados de recollelo e de dicir unhas palabras en nome de todos nós. Desfrutamos moito durante todo o proceso: guión, "storyboard", "casting", rodaxe, maquillaxe, iluminación, decorados, interpretación, composición da música... Ninguén quedou sen participar... e, polo tanto, o premio é para todos e para todas.
A gala foi preciosa e nela vimos esceas de tódalas películas e varias actuacións.

Aquí tedes imaxes da recollida do premio.




E tamén podedes ver de novo a nosa película: "El desván de Laura".