LIÑAS DO TEMPO

Unha liña do tempo utilízase para representar acontecementos en orde cronolóxica de forma clara e sinxela. A liña do tempo permítenos comprender facilmente algúns sucesos históricos.

Os nenos e nenas da clase fixeron a súa propia liña sinalando nela os sucesos máis importantes da súa vida. Para facela tiveron que consultar fontes de información oral (os familiares) e  aportar fontes gráficas, ambas imprescindibles para poder realizar este traballo. Tamén podían completalo con fontes materiais ou fontes escritas.