O XEITO DAS FROITAS



Nas clases de cuarto estivemos lendo durante este trimestre o "Xeito das froitas", unha obra escrita por María Reimóndez e ilustrada por Alicia Varela.

A protagonista é unha nena con moita personalidade (a única que fala galego na súa aula) que se fai preguntas que os outros nenos/as non se formulan.
Unha mazá de peluche e a súa boa relación coas froitas axúdanna a comprender os cambios que suceden na súa vida cando o seu pai perde o traballo.

Esta semana tivemos a sorte de que a autora nos visitase. Reunímonos con ela no salón de actos do colexio e alí contounos que escribiu este libro para que reflexionemos e pensemos nos problemas dos demais e de que maneira podemos axudar a solucionalos.


Despois María contestou moitas preguntas e asinou tódolos exemplares con dedicatorias diferentes.