GHOST TRAIN

Hoxe fomos ao teatro a ver "Ghost train", de "Interacting Theatre Academy".
A obra foi totalmente en inglés, para acercar esta lingua ao noso alumnado.
Moitos nenos e nenas puideron subir ao escenario e converterse en personaxes. Gabriela, da nosa clase tivo a sorte de ser unha das elixidas para participar.
A obra tiña un argumento de medo, pero en realidade provocaba moita risa.