INVESTIGACIÓN ERASMUS+

Os nenos e nenas da clase foron os encargados/as de facer unha investigación sobre Italia, un dos países cos que estamos traballando no Proxecto ERASMUS+.
Logo centráronse en Varese, a cidade na que está o I.C. Varese 2, que é o centro educativo que colabora connosco.
Por último, fixeron unha selección da información e plasmárona neste cartel, que foi colocado no corredor central do colexio xunto aos que elaboraron as outras clases de 2º, 3º e 4º sobre os demais centros que tamén participan neste proxecto internacional.