OS VOLCÁNS

A codia terrestre está formada por placas tectónicas que están en movemento. A enerxía interna da Terra provoca erupcións volcánicas e terremotos. En España hai volcáns unicamente nas Illas Canarias. Podedes ver fotos AQUÍ.

Yésica fixo a maqueta dun volcán cos seguintes materiais:
- unha bandexa de cartón (para a base)
- unha lata de refresco (no interior)
- papel hixiénico ou de cociña (para recubrir a lata e darlle forma)
- cola branca
- témperas
- paus e cartolina (para os carteis)


Cando o magma chega á superficie recibe o nome de lava. A lava ascende por un conduto, a cheminea, e sae ao exterior por un orificio, o cráter. Ademais da lava, os volcáns expulsan gases, cinsas e fragmentos de rochas, que se van acumulando arredor do cráter e forman o cono volcánico.

Grazas Yésica polo teu traballo e as túas explicacións.