A VISITA DE LÚA

O venres, Lúa, a mascota da nosa biblioteca, fíxonos unha visita. Recibírona tódolos nenos e nenas do segundo ciclo xuntos. Lúa contou que estivera de viaxe polo mundo e que comprou moitos libros, sobre todo cómics porque este curso todo o colexio vai traballar sobre este xénero literario. Xa os ten todos colocados na biblioteca polo que xa se pode ir tanto no recreo coma na hora que lle toca a cada clase. Tamén trouxo os carnés para que empecemos a utilizar o servizo de préstamo, e as mochilas viaxeiras para levar a cada casa libros para tódolos membros da familia. Lúa foi recibida con gran entusiasmo pois a todos lles encanta que de cando en vez veña polo "cole". Un representante de cada clase fíxolle entrega  da primeira tira cómica dedicada a ela e a Lúa encantoulle e animounos a ler e escribir moito.


Éste é o cómic dedicado a Lúa: En cada viñeta Lúa percorre unha dependencia do colexio e comparte as actividades cos nenos, nenas e "profes" que vai atopando no seu camiño.