O tímpano é unha membrana que vibra cando percibe un son. Hoxe construímos un artificial que fixemos vibrar coa música e así comprobamos como funciona o tímpano do noso corpo.
Usamos un vaso, un globo, unha goma (opcional) e arroz.
Cortamos o extremo do globo e cubrimos o vaso.
Colocamos os grans de arroz enriba do vaso e deixamos soar unha música marchosa.
A música fai vibrar a superficie do globo e os grans de arroz ao notar as vibracións non paran de bailar.
Tamén construímos un instrumento musical moi sinxelo.
Necesitamos unha caixa e gomas elásticas de diferentes grosores.
Axustamos as gomas á caixa e facémolas vibrar. De cada unha sae unha nota diferente.
Unha guitarra funciona dun xeito parecido.