EXPERIMENTOS CO OLFACTO E O GUSTO

Hoxe realizamos experimentos nos que os sentidos do olfacto e o gusto foron os protagonistas.
Gael, Lucas, Noelia e Melanie foron os encargados de facer as mesturas: en catro vasos que tiñan auga, disolveron respectivamente un pouco de vinagre, café, sal e azucre.


Xa todos saben moi ben que os olores chegan ás fosas nasais e que no seu interior está a pituitaria que é a encargada de recoñecelos.
Tamén saben que a lingua está cuberta  polas papilas gustativas coas que captamos os diferentes tipos de sabores e que cada zona da lingua detecta mellor un deles: amargo, ácido, salgado, doce e umami.

Unha vez feitas as mesturas chegou a hora de degustalas. Cada un foi pasando pola mesa de probas, autoservéndose cun miñivasiño,  experimentando ...... e poñendo caras!


Todos quixeron repetir incluindo os sabores amargos, ácidos ou salgados, pero gracias a Noelia que trouxo unhas estreliñas moi doces e quixo compartilas cos seus compañeiros/as ............


o experimento rematou así .....