PRESENTÁMONOS

No mes de setembro os nenos e nenas de terceiro escribiron cousas sobre si mesmos para que os demais os coñecesen mellor. Falar e escribir en galego cústalle bastante á maioría.  Tamén fixeron acrósticos cos seus nomes buscando no diccionario palabras axeitadas a súa personalidade. Nalgún caso foi difícil encontralas porque non había moitas onde escoller ou eran letras que non existen no alfabeto galego. As ilustracións tamén foron feitas nas primeiras semanas do curso. Este é o vídeo cos seus traballos.