A EXPOSICIÓN ORAL

Falar en público é unha habilidade que para moitos resulta difícil e que convén desenvolver.
É importante saber que para facer unha boa exposición oral hai que practicar para coller confianza e seguridade.
A postura do corpo, o uso das mans, mirar aos que nos están escoitando e ter un adecuado ton de voz facilitan que o público non perda a atención.

Os nenos e nenas da clase de 3ºA prepararon traballos sobre distintos animais, esta vez para facer unha exposición oral diante dos seus compañeiros/as.
Algúns disfrazáronse para chamar a atención dos demais. Varios falaron de memoria para poder mirar ao público, outros leron porque estaban máis nerviosos. Todos acompañaron o seu discurso de esquemas, fotos ou debuxos. 
Ao final todos saben máis.