DÍA DE ROSALÍA

No Día de Rosalía homenaxeamos á autora lembrándonos dela e da súa obra.

(Traballo feito polos nenos e nenas de 3 º C)



Vente rapasa,
vente, miniña,
vente a lavar
no pilón da fontiña.

   Vente, Minguiño,
Minguiño, vente;
douche si non
polo demo do dente.

 ¡Que augua tan limpa!
¡Que rica frescura!
Vente a lavar
que é un primor, criatura.

 Válganos Dios,
que si auguiña n'houbera,
lama este corpo
mortal se volvera.
    

Vinde a lavarvos,
andá lixeiriños,
a cara pirmeiro,
dimpois os peíños.

 ¡Ai!, ¡que miniña!
¡Que nena preciosa!
dempois de lavada
parese unha rosa.

 I este miniño
que teño no colo,
dempois de lavado
parece un repolo.

 ¡Ai!, ¡que tan cuco!
¡Ai!, ¡que santiño!
Ven ós meus brazos
dareiche un biquiño.


¡Olliños de groria!
¡Cariña de meiga!
¡Apértame ben,
corazón de manteiga!

 Corre, corre
a que Antona te peite,
corre, daráche
unha cunca de leite.

 Corre, corre
a teu pai, Mariquiña,
que come cebola
con pan e sardiña.



ROSALÍA 
DE CASTRO

E neste vídeo podemos escoitar aos nenos e nenas de 3ºC recitando a Rosalía.