Hoxe tivemos unha xornada distinta pois pasámola competindo en varios deportes con nenos e nenas do CEIP de Guillarei. Aínda que conseguimos excelentes resultados, sabemos que o máis importante é respectar as normas do xogo, ser bo compañeiro/a e, por suposto, pasalo ben.
Aquí están tódolos participantes ao final da xornada felices por xogar xuntos.