LIÑAS DO TEMPO DA HISTORIA PERSOAL

Os nenos e nenas da clase estiveron elaborando liñas do tempo sobre a súa historia persoal. Para facela tiñan que elexir momentos importantes da súa vida e ordenalos.  Acudir ás fontes de información oral (os familiares) e as fontes escritas, materiais ou gráficas era imprescindible para realizar este traballo.

Hoxe empezaron as exposicións diante da clase:


Lucas fixo un bonito álbum onde incluiu a primeira ecografía que lle fixeron a súa nai, así que poidemos ver como era antes de nacer. Tamén elexiu fotos do día do seu nacemento, dos seus primeiros pasos, dos primeiros baños coa súa irmá Paula, dun pequeno accidente con rotura de clavícula, outra montado na moto do seu pai, na piscina cun traxe de neopreno, no colexio, unha co seu irmán máis pequeno e varias das vacacións.
  

Estela falounos sobre o seu nacemento, o seu bautizo, as primeiras vacacións cos seus pais, as comidas sentada na trona, os seus primeiros pasos aos nove meses, a súa amiga Patricia á quen coñeceu con ano e medio, o moito que lle gustaba andar en patinete aos dous anos, a súa entrada no cole aos tres, os disfraces, cando aprendeu a nadar, cando lle caeu o primeiro dente, ... cando experimentou emocións novas dentro dunha bola xigante e declárase actualmente como unha nena chea de alegría e moi divertida.



Martina tamén elexiu unha foto do seu nacemento e falounos do seu primeiro viaxe en avión feito cando aínda usaba chupete, de cando aprendeu a andar en bici (como era moi pequena usaba rodíns), o nacemento da súa irmá á que leva tres anos e a súa visita ao hospital para coñecela e de cando lle caeu o primeiro dente.


Noelia fixo un mural onde puxo fotos do seu bautizo, dos seus primeiros pasos, da entrada no cole, dos momentos en que se disfraza, dunha actuación no colexio e do seu aniversario favorito que casualmente foi o último no que o pasou mellor que en ningún.