CARTA DE LÚA

Un grupo de nenos e nenas de sexto viñeron lernos unha carta de parte de Lúa. Nela a mascota da biblioteca fálanos dalgunhas novidades deste curso. Por exemplo, que ademais de prestar libros, tamén vai prestar películas, revistas, xogos para o ordenador, etc. Tamén, que a última semana de cada mes vai poñer unha película á hora do recreo porque o proxecto deste curso no cole é "o cine". Por último, como as bibliotecas escolares dedican este curso ás matemáticas, ela vai facer concursos onde haxa que resolver retos matemáticos e quere que participemos. Estamos desexando que propoña xa un para intentar resolvelo!
Lúa tamén recorda que vaiamos visitala na hora que temos reservada para nós, pero iso xa o facemos.