Unha das actividades de Tradición Oral organizadas pola biblioteca do colexio foi a visita do Apalpador, que é un personaxe da mitoloxía galega que, segundo conta unha lenda, baixa das montañas polo
Nadal a levarlles agasallos ás nenas e aos nenos. Entra de noite nos seus
cuartos cando están a durmir e apálpalles a barriguiña para comprobar que xantaron ben durante o ano e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.
O Apalpador contounos a historia dunha nena que vivía preto de Tui e que foi ao Caurel, á casa da súa madriña e alí coñeceuno a el. Cando rematou o conto cantamos todos xuntos unha canción dedicada e este peculiar xigante que "vive" nas montañas orientais de Lugo.