A LINGUA DE SIGNOS

Este venres visitounos Iria Filgueira. Como Iria é unha persoa xorda, o idioma que usou foi a lingua de signos. Veu acompañada dunha intérprete para que poidésemos entendela.
Falounos dos problemas que se atopan na vida diaria e de como os resolven e tamén dos atrancos que ás veces teñen nas empresas onde os contratan.

Foi unha charla moi interesante que nos fixo darnos conta dos esforzos que teñen que facer tódolos días dende que son pequenos/as. O máis importante é que aprendemos que se todos/as cooperamos podemos evitar as barreiras de comunicación. 
Tamén vimos este vídeo que nos mostra as dificultades que ten un neno na escola e como as logra superar.



Unha das formas de evitar as barreiras de comunicación é aprender a lingua de signos. A profe Marta, que é toda unha experta, ensinounos a dicir  "grazas" e "adeus" , e xa o puxemos en práctica.