VISITOUNOS UNHA DIRECTORA DE CINE


Hoxe visitounos unha directora de cine. Chámase Isabel de Ocampo e no ano 2.009 gañou un premio Goya coa súa curtametraxe "Miente". Estivo no colexio falándonos do seu traballo e do traballo dos demais compoñentes dese gran equipo que se necesita para facer unha película. Todo o que nos contou foi moi interesante. E como non hai mellor maneira de aprender que facendo as cousas, tamén rodou unha secuencia dunha película de medo. Antes todos tiñan que estar preparados: claquetista, son, cámara, música, actriz, iluminador, etc... Cando estiveron listos, ela, coma directora, dixo:-ACCIÓN! E empezou a rodaxe. Houbo que repetir varias veces e facer varias tomas ata conseguir o efecto que se buscaba. Foi moi divertido! Pero démonos conta que detrás dunha película hai moitíííísimo traballo.