Unha mestura é a unión de dúas ou máis substancias. Poden ser homoxéneas e heteroxéneas.
Julica botou tinta nunha botella de auga para lograr unha mestura homoxénea e botou aceite sobre auga para facer unha mestura heteroxénea. Na clase pedíronlle que cambiase a orde para comprobar se sucedía o mesmo.
Tamén preparou un xogo sobre consumo responsable explicando como reducir, reciclar e reutilizar diversos materiais e construiu varias máquinas simples: unha panca, un plano inclinado e unha polea.
Felicidades polo teu traballo, Julica!!!