SEMANA DA PRENSA


Ao redor deste quiosco tan bonito que montou o equipo de biblioteca do noso cole rematou a Semana da Prensa. Lúa, en persoa, axudada por Marta, a quiosqueira, falou dos xornais galegos, nacionais e internacionais que conseguira para que os poideramos ler. Eran do propio día con noticias de máxima actualidade. Ademais ensinou varias revistas de diferentes temas e entre elas destacou as dedicadas ao cine. Como a Lúa lle encantan os retos prantexounos algunhas preguntas e propúxonos que investiguemos para poder contestalas.  Tamén deunos un exemplar da revista sobre cine na que nós colaboramos facendo unha  reportaxe sobre a película que estamos rodando. E como é moi xenerosa tiña varios agasallos para cada un dos nenos e nenas do colexio. Pasámolo moi ben escoitando a Marta e a Lúa e aprendemos moitas cousas sobre os xornais e as revistas.