A MALETA

Neste curso na clases de terceiro imos a "cooperar para aprender" e tamén  queremos "aprender a cooperar". Os nenos e nenas distribuidos en pequenos equipos de traballo axudaranse uns aos outros á hora de adquirir novas aprendizaxes. O bo funcionamento dos grupos vai depender en certa medida de que se coñezan ben. Para conseguilo usamos varias dinámicas. Unha delas foi "a maleta" que consistiu en que cada un/unha trouxo da súa casa algo importante na súa vida e explicou aos compañeiros/as que significaba para el ou ela. Fotos da familia, mascotas, peluches que os acompañan desde que naceron, libros e obxectos relacionados co deporte son os que máis se repetiron. Grazas a todos e todas por colaborar!