O venres estiveron
no colexio Enrique e Carlos que forman parte do colectivo “Polo Correo do Vento”, especializado en actividades lúdicas dirixidas aos nenos e nenas, para
promover a lectura, a creatividade, a expresión artística e a comprensión oral
en galego.
Nesta ocasión
as actividades nas que participamos estaban destinadas a coñecer o “Camiño de
Santiago”, que é un patrimonio cultural que todos e todas debemos coidar.
Da man de
Peregrina e Iago, os protagonistas da historia que nos contaron, fomos
coñecendo as rutas do Camiño e as ameazas ás que están expostas (aparición de
lixo, falta de civismo, feísmo…).
Os dous camiñando xuntos,
fotografando e debuxando (as súas principais aficións) van dando boa conta do
estado das diferentes rutas. A súa misión é protexer o Camiño e concienciarnos
a nós de que fagamos o mesmo.
Para
rematar, todas e todos debuxaron un peregrino, guiados por Carlos, pasiño a pasiño,
e desta maneira tódolos debuxos saíron moi ben.
Para saber máis sobre o "Camiño portugués", o que pasa pola nosa cidade, pulsade AQUÍ