O PAÍS DOS MANDÓNS

Hoxe fomos ao teatro a ver a obra "O PAÍS DOS MANDÓNS", representada pola compañía GHAZAFELHOS. A actividade foi organizada  pola ANPA para celebrar o Día Escolar pola Paz.

"Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en moitísimos países: o país do revés, o país das chuches, o país da música, das cores... e no país dos Mandóns... O seu paso por este país, coincidiu cun gran cambio; Grazas a Clara, ese lugar feo e triste, converteuse nun lugar bonito e feliz. Dende entón coñécese como: O País da Igualdade".


Entre outras cousas aprendemos a ... librarnos dos enfados .... 
cantando 
e ... a compartir as tarefas. 
Pasámolo moi ben!