DÍA DA MULLER

O Día da Muller fomos ao teatro da Área Panorámica a ver a obra "Iriña, a bailarina" representada polo grupo Ghazafelhos.

Os protagonistas son unha bailarina, un futbolista e un pirata que están acomodados nos roles que a sociedade determina para eles.

A bailarina está metida nunha caixa de música e aínda que lle encantaría xogar co futbolista e o pirata, sempre ten medo a mancharse; tamén está preocupada  por se engorda e non cabe no traxe.

Nun momento determinado decide cambiar e comproba que os xogos non entenden de diferenzas de xénero: tanto nenos coma nenas poden xogar libremente ao que lles pete.