DÍA DE ROSALÍA


O pasado 24 de febreiro era o "Día de Rosalía" pero como no colexio estabamos en plena festa do Entroido deixamos a celebración para hoxe. 

Fixémolo visitando a residencia de anciáns "San Telmo". 

Alí os nenos e nenas de cuarto e sexto recitaron poemas da escritora e un grupo de avoas recitou e cantou para nós. 

Pasámolo tan ben que rematamos bailando todos xuntos. 

Seguimos compartindo o noso traballo e moitos sorrisos que neste caso as persoas maiores a quenes foron dedicados agradeceron moi emocionadas.