XORNADA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA

Participamos nunha xornada de dinamización deportiva xunto aos nenos e nenas do CEIP de Guillarei. 

O deporte contribúe ao desenvolvemento físico, emocional e intelectual dos nenos e nenas, proporcionarlles confianza en si mesmos, mellora as súas habilidades  e reforza o desenvolvemento de condutas sociais adecuadas.

Durante toda a mañá os nenos e nenas da clase xogaron a baloncesto, fútbol sala, voleibol, bádminton, balonmán e xadrez. 

O obxectivo é que compitan sen obsesionarse por gañar, sendo conscientes de que nin se insulta ao árbitro nin se xoga sucio contra os rivais e que non pasa nada se toca perder.






















Pasalo ben e coñecer a novos/as amigos/as foi o mellor de toda a xornada.