Chegou o xoves 22, día no que había mercado en Tui, e tal coma tiñamos previsto, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º montaron un posto na Praza da Inmaculada para recoller material escolar destinado ao orfanato Kimbondo. Uns atendían á xente que se acercaba e outros buscaban a posibles donantes polas rúas próximas explicándolles o que se pretendía conseguir.
Damos as grazas a tódalas persoas que colaboraron pola súa xenerosidade.
Pablo Varela, coordinador de proxectos en Galicia da ONG Cooperación Internacional, recolleu no colexio o material escolar. Este verán viaxará a RD Congo e levará alí todo o recollido.
