PRACTICANDO PIRAGÜISMO

Os nenos e nenas de cuarto visitaron as instalacións do Centro Municipal de Piragüismo: a sala onde gardan innumerables trofeos, o ximnasio onde entrenan os días que non poden saír ao río, o lugar onde están as piraguas coas que compiten por todo o mundo...


Despois chegou o momento que todos e todas agardaban: poñer os chalecos salvavidas e practicar este deporte que tantos éxitos lle leva dado á nosa cidade. O que non sabían os nenos e nenas era que antes tiñan que "sufrir" un pouco levando as piraguas ata o muelle. Como pesaban moito tiveron que organizarse en grupos de catro.

Rematado o esforzo, chegou a recompensa: desfrutar durante unha hora remando no río Miño. Como era un día caluroso foi estupendo estar rodeado de tanta auga.

Ninguén quería deixar de remar, pero houbo que recoller de novo as piraguas e descansar tomando algo para recuperar as forzas.