As clases de terceiro e cuarto de primaria participaron nunha
actividade de sendeirismo, acompañados nalgúns tramos por alumnos e alumnas
de Ceip
Nº1 e do Ceip de Guillarei.
Empezaron recorrendo parte do Camiño de Santiago, traxecto
no que os nenos e nenas tiñan que ir resolvendo unha serie de cuestións que se
lle ían propoñendo a través de diferentes pistas, á vez que recibían
información sobre os diferentes lugares por
onde pasaban.
Despois continuaron pola Ruta do Louro e tamén pola nova senda do Río Lagartón,
que o noso Concello está dando a coñecer estes días.
Ao remate do paseo, desfrutaron dunha merecida merenda na
Alameda.