PIET MONDRIAN


Piet Mondrain (1872-1944) é un pintor holandés.

Ao principio as súas obras estaban influenciadas polo postimpresionismo (Van Gogh, Monet).

Do postimpresionismo pasou ao cubismo de Picasso e logo a súa pintura foise facendo cada vez máis abstracta.

O seu nivel de abstracción foi crecendo ata que chegou a eliminar as liñas curvas e unicamente representaba rectas paralelas e perpendiculares.

Nesta etapa simplificou tanto as cores que se limitou ao uso de cores primarias, branco e negro.
  


Os nenos e nenas inspiráronse na obra de Mondrain para facer as súas creacións. Debuxaron cadrados e rectángulos en papel charol e pegáronos sobre un folio. Logo colocaron liñas negras arredor das figuras xeométricas.