UN MUSEO MOI SOLIDARIO

Durante toda a semana o colexio converteuse nun museo onde estaban expostas as obras que todo o alumnado foi realizando ao longo deste ano académico. 

Había varias salas: pinturas rupestres, exipcias, romanas, impresionismo, pintores/as galegas, arte abstracto...

En cada unha un grupo de nenos e nenas explicaba as características do que traballara o seu curso.

Os pais e nais tamén puideron visitar o museo e reservar as obras que máis lles gustaron. O próximo luns poderán levalas a cambio dun donativo que entregaremos aos afectados/as da explosión de Paramos.


"COAS NOSAS MANS O TEU SORRISO" é o noso lema. Nesta ocasión o traballo do proxecto servirá para mostrar a nosa solidariedade cos veciños/as de Paramos.