SAMAÍN

Celebramos o Samaín ...
As nenas e os nenos trouxeron disfraces libres e fixeron contos de medo.

Pero... este curso houbo novidades que non esperaban.

A entrada no colexio, o mércores día 31, foi toda unha sorpresa: as luces estaban apagadas e os corredores cheos de monstros e teas de araña que había que atravesar para poder chegar á aula.

Xa repostas/os do susto, as/os que prepararon unha comida terrorífica saudable presentaron á clase as súas creacións culinarias.

Despois, axudáronse uns aos outros a disfrazarse de novo, pero esta vez con roupas usadas que podían modificar se era preciso. Cun pouco de maquillaxe, non tardaron en converterse en pequenos monstros.

Este día de festa rematou cun desfile polo patio para poder ver ás demais nenas e nenos, cunha "cuchipanda terrorífica, pero moi saudable" compartida coas demais clases e con música e baile na nosa aula.