XOGOS POPULARES, CARRILANAS E MAGOSTO



Coma outros anos, celebramos a Festa do Magosto.

Antes de comer as castañas asadas, tódalas nenas e  nenos do colexio participaron nos xogos populares.

Tamén as/os que trouxeron a súa carrilana puideron experimentar o que é lanzarse pola costa de entrada ao colexio á velocidade que lle permitía o seu vehículo, mentres as/os demais compañeiras/os  animaban.

(Premede enriba das fotos para velas máis grandes)