FESTA FIN DE ANO

Este curso celebramos por primeira vez unha festa "Fin de Ano". Había que estar vestido/a elegantemente e preparados/as para escoitar as doce badaladas que anunciaban o comezo do ano 2019 mentres se tomaban 12 "gusanitos", un por cada badalada. Rematamos con moita música e baile. Foi moi divertido!!!