SAÚDOS DESDE TUI

Tódolos nenos e nenas do colexio saíron ao patio e xuntáronse moi preto uns dos outros formando o nome da nosa cidade. A nosa clase está nun dos extremos da U. Sacamos unha foto para saudar aos colexios que colaboran connosco no proxecto Erasmus+.