A CADELA DE NOA



Noa trouxo a Laila, a súa cadela. É de raza "yorkshire" e vai cumprir tres anos.

Noa contounos que lle gusta moito durmir e que lle ten medo aos paxaros. Tamén lle gusta moito comer.
Ten moito pelo de cor gris e roxo e hai que peiteala frecuentemente para que non se lle enrede. É moi xoguetona.

Está con Noa desde que era unha cría e, de paso, a súa familia tamén colleu a un irmán, que se chama Vadi.

Os "yorkshire" proceden dun condado que ten o mesmo nome, no norte de Inglaterra. Ao principio eran cans que cazaban ratos. Agora son moi apreciados coma mascota.

Aproveitamos esta visita para falar dos abandonos de cans. Hai que sensibilizarse ante este grave problema e elexir un animal que encaixe no noso "estilo de vida" e tomar conxuntamente a decisión de incorporalo á familia, con responsabilidade e non respondendo a un capricho pasaxeiro.


GRACIAS NOA