O CAN DE ALEXIA

Alexia presentounos a Ladritos, un  cariñoso "beagle" marrón, negro e branco, que salta de alegría cada vez que a mira e que espera pacientemente cun xoguete na boca a que remate os deberes ou de estudar, para pasar un ratiño xuntos xogando.

Os "beagles" son unha raza de cans que se usan para rastrexar pezas da caza. Teñen as orellas longas e caídas, e o pelo curto e liso. Son intelixentes, simpáticos e de carácter tranquilo. Tamén son moi activos e curiosos. Coma son sabuesos, gústalles moito deambular pola natureza. Lévanse moi ben con outras mascotas e cos nenos e nenas.

Ladritos olfateou toda a clase e deixouse acariñar por todos e todas.

Aproveitamos a súa visita para falar longo e tendido sobre a responsabilidade que se asume cando temos unha mascota ao noso cargo.


GRACIAS, ALEXIA!