O COELLO DE SHAILA

Este é Teddy, un precioso coello branco con orellas grises que leva sete anos con Shaila.


Shaila contounos moitas cousas sobre o seu coello, os coidados que necesita e algunha anécdota como cando se escondeu no coche e non o daban atopado. Tamén preparou un traballo sobre este tipo de mamíferos.

Así descubrimos que....
... nacen sen pelo
... tardan 10 días en abrir os ollos
... as femias poden ter de 5 a 15 crías
... poden correr ata 7 Km por hora
... cando están felices ronronean
... gastan os dentes varios milímetros ao día pero lles volven a medrar


Aquí tedes máis información sobre os coellos:

-Teñen dous períodos de caída do pelo, un na primavera e outro no outono.  Non debemos cortarllo xa que lle protexe de agresións externas.

-Os seus bigotes sérvenlles de orientación e o seu oído está moi desenvolvido.

-Para a súa hixiene, é suficiente con manter a súa gaiola limpa e en boas condicións. Eles lávanse a si mesmos con lametóns.

-Para manter os seus dentes afiados e calmar as súas ansias de roer, podemos darle unha pequena madeira ou pau para que o morda.

-Os coellos son animais intelixentes e podemos acostumalos a  comer todos os días  á mesma hora e aprenderán en que lugar deben facer as súas necesidades. 


GRACIAS, SHAILA !