O Equipo de Normalización Lingüística do colexio organizou unha exposición sobre o traxe típico galego coa colaboración da Asociación do Traxe Tradicional de Tui.
A "profe" Montse foi a encargada de explicarlles aos nenos e nenas que pezas leva cada traxe e as diferenzas entre o vestuario de faena e o de gala.
Entre todo o exposto destacaban os traxes de festa propios de Tui.
